Benvidos a Play-Doc 2012

Benvidos a esta nova edición de Play-Doc!

Con dedicación e esmero elaboramos esta programación a partir de dúas ideas fundamentais: a paisaxe e o cinema autobiográfico.

Por dispares que poidan parecer a primeira vista, ambas tendencias convídannos a explorar as cuestións esenciais da existencia humana -cuestións filosóficas, sociais, políticas, psicolóxicas ou metafísicas-. As dúas funcionan como sinécdoques nun e outro sentido: a vida dun individuo como representativa de toda a humanidade, e a paisaxe como ente macro-cósmico que reflicte ese microcosmos que é o home. En ambas as dúas atopamos un desesperado afán por desentrañar os misterios do universo, e un inextinguible desexo de transcender.

A vida e a morte, a dor e a éxtase, o fugaz e o eterno, a incrible capacidade de supervivencia e a incansable procura da felicidade; a Natureza que emerxe maxestuosa e temible, conmovedoramente fermosa e desoladora, para lembrarnos que somos e que lugar ocupamos no planeta.

Esperamos, como sempre, que vos guste.

Play-Doc


Marcel Lozinski, convidado de honra na pasada edición do festival, nos dá a benvida a Play-Doc 2012.

O meu Tui

Un bo festival é como un bo restaurante.
Que se espera del?
Antes de nada, pratos deliciosos.
Un ambiente excepcional.
Un persoal acolledor e simpático.
Un Chef que teña tempo para todos e cada un dos clientes.
Todo iso poderedes atopalo en Play-Doc:
Películas marabillosas.
Un equipo formidable.
Un lugar adorable.
Un amor pola xente e polo cinema.
Grazas Sara, grazas Anxo e grazas a todo o equipo de Play-Doc.
Vide todos ao Play-Doc de Tui!
Gardaredes un recordo inesquecible.
Doutra banda hai excelentes restaurantes que o festival elixiu para nós.

Marcel Lozinski

English Galego