Menu

Sección Competitiva

Anak Araw Albino

70’ / 2013 / FILIPINAS - EUA

Dirección e guión: Gym Lumbera
PLAY TRAILER
Fotografía: Danilo Salas III
Son: Moki McFly
Montaxe: Jet Leyco, Gym Lumbera
Produtores: Ronald Arguelles, Suzelle Lumbera, Allison Lumbera, Roger Basco
Música: Moki McFly and Banda 24

ler máis...

Asesor creativo: Sherad Sanchez
Participan: Jay G. De la Vega, John Griffiths, Feliciano Lumbera, Rodrigo Magpantay, Franco Guiseppe Cuozzo, Banda 24

Albino é unha historia de amor tráxica e colonialista, que nace da procura da identidade dun albino filipino, nun pasado imaxinario á beira do lago Taal. O albino cre ser fillo dun americano, polo que tratará de aprender inglés mediante un dicionario. O seu pobo enfróntase ao éxodo debido a dubidosos acontecementos, como a aparición de quenllas, mortes e explosións inexplicables.

Contacto
Gym Lumbera
dionisiosandovaljunior@yahoo.com

Costa da Morte

81’ / 2013 / GALICIA

Dirección: Lois Patiño
PLAY TRAILER
Axudante de dirección: Carla Andrade
Fotografía: Lois Patiño
Montaxe: Lois Patiño, Pablo Gil Rituerto
Son: Miguel Calvo “Maiki”, Erik T.
Produtores: Felipe Lage Coro, Martin Pawley
Produtora: Zeitun Films

ler máis...

Participan: Xilberto Caamaño, Cristina Fernández, José Rodríguez Ramos, Marcote Castro, Roberto Montes Papín, Concha López, Andrés Rodríguez, Martin García Orviz, Manolo Castiñeiras, Ángeles Santos, Miguel Gil Abelairas y vecinos de la Costa da Morte.

"Nun entrar do home na paisaxe e da paisaxe no home creouse a vida eterna de Galiza" - Castelao

A Costa da Morte é unha rexión de Galicia que foi considerada a fin do mundo durante o Imperio Romano. O seu dramático nome provén dos numerosos naufraxios que sucederon ao longo da historia nesta área feita de rochas, brétemas e temporais. Atravesamos esta terra observando as persoas que a habitan: pescadores, mariscadores, madeireiros...

Somos testemuñas do traballo que realizan, co cal manteñen á vez unha relación íntima e unha batalla antagónica coa inmensidade do territorio. O vento, a pedra, o mar, o lume, son personaxes neste filme, e a través deles achegámonos ao misterio que supón a paisaxe, entendida como unha unidade xunto ao home, a historia e o mito.

Contacto
Zeitun Films
info@zeitunfilms.com

De Dansande Andarnas Skog
A Selva dos Espíritos Danzantes

104’ / 2013 / CONGO - SUECIA - CANADÁ

Dirección, idea e fotografía: Linda Västrik
PLAY TRAILER
Montaxe: Fredrik Alneng
Son: Amy Öström
Produtores: Linda Västrik, Mila Aung-Thwin
Produtora: LINDA VÄSTRIK Filmproduktion AB, Eyesteelfilm Canada
Participan: Akaya Angelike, Kengole Alobe, Mobali Dibota Dikele

ler máis...

"Ao comezo as mulleres vivían aparte, sen coñecer a existencia dos homes. Ata que un día a primeira muller, Toli, que era valente e ousada, penetrou no corazón da selva. Alí descubriu criaturas solitarias de fortes músculos que sabían subir ás árbores e colleitar mel silvestre. Cando Toli probou o mel, pensou que homes e mulleres debían vivir todos xuntos... "

Así reza unha das historias sobre A Creación dos Aka, tribo da selva tropical da conca do Congo. O filme segue de preto a súa vida en comunidade e a práctica da súa espiritualidade ao longo de varios anos e nas situacións máis difíciles. A súa relixión lúdica e imaxinativa, podería tratarse dunha das máis antigas practicadas hoxe en día na terra.

Contacto
www.forestofthedancingspirits.com

Manakamana

118’ / 2013 / EUA - NEPAL

Dirección: Stehanie Spray e Pacho Velez
PLAY TRAILER
Fotografía: Pacho Velez
Montaxe: Stephanie Spray y Pacho Velez
Son: Stephanie Spray, Ernst Karel
Producido por: Lucien Castaing-Taylor y Véréna Paravel
Producido en: The Sensory Ethnography Laboratory

ler máis...

Por enriba da xungla nepalí, os peregrinos realizan unha viaxe ancestral en teleférico para chegar ao templo de Manakamana.

Contacto
www.manakamanafilm.com

Ricardo Bär

92’ / 2013 / ARXENTINA

Dirección: Gerardo Naumann e Nele Wohlatz
PLAY TRAILER
Guion: Gerardo Naumann y Nele Wohlatz
Fotografía: Lucas Gaynor
Montaxe: Felipe Guerrero
Son: José María Avilés, Carla Finco
Produtora: Subterránea Films, Zentral Cine

ler máis...

Participan: Ricardo Bär, Inés Bär, Samuel Bär, Diego Littmann, Fabio Fiebke, Pastor Carlos Zeitler

Ricardo Bär é un mozo que vive coa súa familia nunha granxa, preto da fronteira entre Arxentina e Brasil. Ao seu redor só existe a selva e os colonos, descendentes de inmigrantes alemáns. Ricardo non quere herdar a terra do pai, el quere converterse en pastor protestante. Empezamos a filmalo, pero un día el e a comunidade bótannos do lugar.
Ricardo Bär conta dúas historias: a da negociación para poder facer o filme, e a de Ricardo, que como todos os anos ensaia o seu papel no pesebre vivente, mira unha película con Mel Gibson, mete un lechón de cabeza nunha bolsa, practica un sermón na súa clase de retórica, trata de camiñar sobre o auga nunha pileta nun campamento de mozos cristiáns, reza e pensa que facer, mentres actúa na película que leva por título o seu nome.

Contacto
Nele Wohlatz
nele@wohlatz.eu

Stop the Pounding Heart Detén o Corazón Palpitante

100’ / 2013 / EUA - BÉLXICA - ITALIA

Dirección e guión: Roberto Minervini
PLAY TRAILER
Fotografía: Diego Romero Suárez-Llanos
Montaxe: Marie-Hélène Dozo
Son: Ingrid Simon, Thomas Gauder
Producido por: Denise Lee, Luigina Smerilli, Joao Leite

ler máis...

Produtora: Pulpa- Poliana Productions- Ondarossa Film
Participan: Sara Carlson, Colby Trichel

Sara é unha rapariga pertencente a unha familia de gandeiros. Os seus pais educan aos seus doce fillos na súa propia casa, seguindo con rigor os preceptos da Biblia. Do mesmo xeito que ás súas irmás, a Sara ensínaselle a ser unha muller devota e sumisa e a manter a súa pureza física e emocional ata chegar ao matrimonio. Cando aparece Colby, un mozo afeccionado ao rodeo, Sara atravesa unha crise que a leva a cuestionar o único modo de vida que coñece. Stop the Pounding Heart é un sorprendente retrato da América de hoxe en día e das comunidades illadas que existen diseminadas na súa paisaxe. Tamén é un estudo sobre a adolescencia, a familia e os valores sociais, os roles de xénero e a relixión nas zonas rurais do sur de América.

Contacto
Doc & Film International
sales@docandfilm.com