East of Paradise
Lech Kowalski
Lech Kowalski / 105’ / 2005 / FRANCIA - EUA
Ao comezo da II Guerra Mundial, Maria Werla foi capturada e deportada a un campo de traballo en Siberia.
ler máis...
Ao comezo da II Guerra Mundial, Maria Werla foi capturada e deportada a un campo de traballo en Siberia.
ler máis...
A súa loita pola supervivencia tivo unha profunda influencia no seu fillo, Lech Kowalski, que cresceu nos Estados Unidos vivindo moi de cerca a cultura underground dos anos 70 e 80. En East of Paradise, nai e fillo –ela diante da cámara e el mediante fragmentos das súas películas–, contan a historia das súas vidas: dúas historias de tristeza e rabia que deveñen unha soa, un relato de trascendencia universal.
Leck Kowalski filma as marxes da sociedade, a aqueles que habitan nos extremos. Testemuña esencial do movemento punk, Kowalski realizou varios documentais de culto como D.O.A./ Dead On Arrival –que segue a primeira e última xira dos Sex Pistols en América–, ou Story of a Junkie. Retratou entre outros a Johnny Thunders, líder dos New York Dolls e Dee Dee Ramone dos Ramones. A loita pola supervivencia e a paixón pola vida, son os temas centrais da súa obra, cuestionando sempre o discurso do poder e a autoridade, sexa cal sexa. Poderiamos dicir que Kowalski é o director fetiche de Play-Doc, no que estivo en varias ocasións. En 2008, o festival mostrou a súa triloxía The Fabulous Art of Surviving. A soberbia East of Paradise é parte dela.