Menu

Cinema Portugués

Alvorada Vermelha

27’ / 2011 / PORTUGAL

Dirixido por: João Pedro Rodrigues, João Rui Guerra da Mata
PLAY TRAILER
Fotografía: João Pedro Rodrigues, João Rui Guerra da Mata
Montaxe: João Pedro Rodrigues, João Rui Guerra da Mata, Rui Mourao
Son: Carlos Conceição, Nuno Carvalho
Produtor: João Figueiras
Produtora: BLACKMARIA

ler máis...

Febreiro de 2011, O Mercado Vermello, un dos máis famosos mercados de Macao. Dous directores e unha mirada común. Os xestos e as rutinas entre a vida e a morte. En memoria de Jane Russell (21/6/1921 - 28/2/2011)

Contacto
Agência da Curta Metragem
www.curtas.pt

É na Terra não é na Lua

180’ / 2011 / PORTUGAL

Director: Gonçalo Tocha
PLAY TRAILER
Fotografía: Gonçalo Tocha
Narración: Gonçalo Tocha
Produción: Gonçalo Tocha
Montaxe: Gonçalo Tocha ,Rui Ribeiro, Catherine Villeret
Son: André Neto

ler máis...

Un cámara e un sonidista chegan en 2007 a Corvo, a illa máis pequena do arquipélago das Azores. No medio do océano Atlántico, Corvo non é máis que unha gran rocha de 6km de ancho e 4 km de longo, cun cráter de volcán e unha única vila de 440 habitantes. Aos poucos este pequeno equipo de rodaxe é aceptado pola xente da illa coma os novos habitantes, dúas persoas máis a engadir a unha civilización de case cincocentos anos de antigüidade, cuxa historia é apenas discernible, tal é a ausencia de relatos ou documentos escritos.

Filmado en poucos anos a un ritmo vertixinoso e auto-producido entre idas e voltas, É na Terra não é na Lua desenvólvese como un cuaderno de bitácora e transfórmase nun mosaico de achados e experiencias, que segue a vida actual dunha civilización illada no medio do mar. Unha odisea fílmica de tres horas dividida en 14 capítulos que combina probas antropolóxicas, literatura, arquivos perdidos, mitos e historias autobiográficas.

Contacto
Gonçalo Tocha
gtocha.filmz@gmail.com

Terra de Ninguém Terra de Ninguén

72’ / 2012 / PORTUGAL

Dirección e guión: Salomé Lamas
PLAY TRAILER
Fotografía: Takashi Sugimoto
Montaxe: Telmo Churro
Son: Bruno Moreira
Produtores: Luís Urbano, Sandro Aguilar
Produtora: O Som e a Fúria
Participan: Paulo de Figuereido, Chiquinho e Alcides

ler máis...

Paulo ofrece retratos sublimados das crueldades e paradoxos do poder, así como das revolucións que o derrocaron, tan só para erguer novas burocracias, novas crueldades e paradoxos. O seu traballo como mercenario áchase no medio destes dous mundos.

Contacto
O Som e a Fúria
www.osomeafuria.com