castellano
galego
english


PROGRAMA ACTIVIDADES CALENDARIO DOSSIER CARTEL GALERÍA SEDE CONTACTO


WEB
2005 2006 2007 2008
PATROCINIO


PLAY-DOC PRESENTA A PRIMEIRA EXPOSICIÓN INTERNACIONAL DO ARTISTA IRANÍ JAMSHID AMINFAR


Unha das apostas de Play-Doc é sacar literalmente da pantalla aos protagonistas dos documentais presentados no festival, e situalos na nosa realidade . Así ocorre cada ano cos concertos e nesta ocasión ademais, será en forma de exposición: a do pintor iraniano Jamshid Aminfar. Precisamente agora que a arte do país persa cotízase á alza, o festival tudense presenta na súa sede a primeira exhibición internacional deste extraordinario artista, cuxa obra naif e subversiva, totalmente ao marxe das correntes dominantes, explora o lado oculto da alma humana. Jamshid Aminfar é o protagonista de “Cyanose” película que compite na Sección Oficial do festival e que utiliza técnicas de animación para indagar no universo persoal do artista. Unha peza sorprendente dirixida pola nova realizadora iraniana Rokhsareh Ghaemmaghami, que estará presente no festival como convidada nesta quinta edición. As pinturas de Aminfar poderán verse e estarán á venda na sede do festival, do 18 ao 22 de marzo, coincidindo coa celebración do certame galego, un evento cultural no que conflúen, ademais de cinema, diferentes disciplinas artísticas.

Biografía de Jamshid Aminfar

Jamshid Aminfar (21/3/1959) naceu no seo dunha familia adiñeirada iraniana. O seu pai, avogado de profesión, tras procrear a catro nenas, non puido conter a súa alegría de ter por fin un fillo home. Pero Jamshid, con problemas para a aprendizaxe e serios trastornos mentais, nunca puido satisfacer as ambicións do seu pai, quen a pesar de todo xamais abandonou a esperanza de converter ao seu único fillo nun home de éxito.

Así pois Jamshid é enviado a Inglaterra onde pasa por multitude de centros e escolas de arte. Despois da revolución iraniana, Jamshid é deportado e regresa a Irán, onde desempeña multitude de traballos. O seu matrimonio concertado con Tabeye, unha muller “normal” que lle esixe unha vida “normal” tan só empeora a súa situación e Jamshid comeza a sufrir constantes depresións. Decidido a facer aquilo que máis ama, Jamshid entrégase de cheo á pintura, e comeza a vender os seus cadros, cheos de rabia e tristeza, nas rúas de Teherán, cidade na que celebra dúas exposicións, unha no ano 2005 e outra no 2006.

Toda a información do festival en www.play-doc.com



www.play-doc.com