castellano
galego
english


PROGRAMA seminario CONCIERTOS CALENDARIO PRENSA SEDE CONTACTO


WEB
2005 2006 2007 2008
PATROCINIO

Jamshid Aminfar ( 21/3/1959) naceu no seo dunha familia adiñeirada iraniana. O seu pai, avogado de profesión, tras ter catro nenas, non puido conter a súa ledicia de ter por fin un fillo home. Pero Jamshid, con problemas para a aprendizaxe e serios trastornos mentais nunca puido satisfacer as ambicións do seu pai, quen a pesar de todo xamais abandonou a esperanza de converter ao seu único fillo nun home de éxito.
Así pois Jamshid é enviado a Inglaterra onde pasa por multitude de centros e escolas de arte, sen acabar nin un só curso durante dez anos. É neste período onde Jamshid le as grandes obras da literatura universal e cultiva o seu gusto pola música clásica e o cinema.
Despois da revolución iraniana, Jamshid é deportado e regresa a Irán, onde desempeña multitude de traballos. O seu matrimonio concertado con Tabeye, unha muller ‘normal’ que lle esixe unha vida ‘normal’ tan só empeora a súa situación e Jamshid comeza a sufrir constantes depresións. Decidido a facer aquilo que ama, Jamshid entrégase de cheo á pintura, e comeza a vender os seus cadros, cheos de rabia e tristeza, nas rúas de Teherán, cidade na que celebra dúas exposicións, unha no ano 2005 e outra no 2006.

A súa obra, tan naif como subversiva, explora o lado oculto da alma humana. Totalmente ao marxe das correntes dominantes, as pinturas de Jamshid serán exhibidas e estarán á venda en Play-Doc, sendo esta a súa primeira exposición internacional.
Jamshid Aminfar é o protagonista de ‘Cyanosis’, película presentada na sección oficial do festival, dirixida pola nova realizadora iraniana Rokhsareh Ghaemmaghami.





www.play-doc.com