Tui e Valença unidas por un mesmo río que nos mapas oficiais cambia as ribeiras de cor, pero que na realidade son idénticos verdes e azuis sen marxes.
Por si mesma a cidade episcopal e capital dunha das provincias do Antigo Reino de Galicia ben vale unha visita polo casco histórico, proposto para Patrimonio da Humanidade. Partindo do céntrico Paseo da Corredoira podemos comezar o percorrido monumental. O enxame de rúas, estreitas e con soportais, arremuíñase ao redor da Catedral-Fortaleza que domina dende o alto toda a longa curva do río.
www.concellotui.org
|