castellano
galego
english


LARGOS CORTOS DOCUS JURADO AUDRIUS STONYS HISTORIAS CERCANAS DOCUMENTALES DE MÚSICA ACTIVIDADES CALENDARIO PRENSA SEDE CONTACTO


WEB
2005 2006 2007 2008
PATROCINIO


Bogdan Dziworski (Lodz, Polonia, 1941)

Realizador, director de fotografía, guionista e fotografo de recoñecido prestixio, Bogdan Dziworski é un dos representantes máis destacados do cine experimental polaco, as súas películas documentais, creadas na súa meirande parte entre os anos 70 e 80, móvense entre a realidade e o realismo máxico. Testemuña silenciosa da loita e as emocións humanas, Dziworski retrata co mesmo respecto e interese, tanto ao home no primeiro plano como ao fondo. O seu particular uso do son, a asombrosa beleza e expresividade das súas imaxes e a ausencia total de diálogos son elementos comúns a todas as súas obras nas que se poden atopar temas recorrentes; o circo, o mundo do deporte e a loita pola superación son algúns deles.

Play-Doc descóbrenos a este singular cineasta a través dalgunhas das súas pezas máis significativas. Toda unha experiencia cinematográfica!



1983. 20'. (+) 1979. 20'. (+)


1976. 12'. (+) 1978. 12'. (+)


1975. 9'. (+) 1984. 30'. (+)



www.play-doc.com