Audrius Stonys (Vilnius, Lituania, 1966)
Audrius Stonys é un dos nomes máis destacados da nova xeración de directores lituanos. A actitude introspectiva, e certo escepticismo sobre a linguaxe, son trazos característicos das súas obras, cuxo persoal estilo, dunha forte abstracción metafórica, valeulle numerosos premios e recoñecementos internacionais. Membro da European Filme Academy e da European Documentary Network, Stonys tamén foi profesor de cinema en lugares como Tokío ou Copenhague e agora tamén estará en Play-Doc para impartir un interesantísimo seminario-obradoiro, así como unha masterclass a partir dunha das súas obras máis coñecidas e cuxo tema central será o retrato filmado.
|