What's Happening! The Beatles in the USA

What's Happening! The Beatles in the USA

VOLVER
PLAY TRAILER
81’ / 1964 Director: Albert e David Maysles
Una película de: Albert Maysles, David Maysles, Susan Fromke, Kathy Dougherty
Filmada por: Albert e David Maysles
Produción: Susan Fromke e Neil Aspinall
Editada por: Kathy Dougherty
What’s Happening! The Beatles in the USA recolle, de maneira humorística, cándida e pouco convencional, a chegada dos Beatles a América en febreiro de 1964. Os Maysles seguiron os “Fab Four” durante cinco días, desde a recepción entolecida no aeroporto JFK, os seus momentos íntimos dentro do hotel Plaza, preparando a súa mítica aparición no show de Ed Sullivan, ata o seu regreso de volta á casa, tamén entre multitudes histéricas. Este filme que inspirou A Hard Day’s Night (1964) de Richard Lester, reeditouse en 1999 por Apple Corps. baixo o título de The Beatles: The First US Visit.