Contacto

Sección Oficial

Approaching the Elephant

Amanda Rose Wilder | 89' | 2014 | EUA

Dirección, Fotografía, Son: Amanda Rose Wilder
Produción: Jay Craven, Robert Greene, Amanda Rose Wilder
Edición: Robert Green
Co-Produción: Caitlin MaeBurke

Approaching the elephant mergúllase no ano inaugural da Teddy McArdle School Free School en Nova Jersey, escola onde todas as clases son voluntarias e as regras decididas por voto – os dos adultos e nenos valen o mesmo. Wilder está aí dende o inicio á fin do ano escolar, documentando e observando o fundador Alex Khost e a un indeleble elenco de francas novas personalidades a construír relacións, explorar a súa contorna e debater intensamente as violacións das normas, ata que todo chega a un punto crítico. Approaching the elephant é un raro, inspirado retrato da mocidade sen trabas.

Contacto: http://approachingtheelephant.com

Concerning Violence

Göran Hugo Olsson | 85' | 2014 | Suecia-EUA-Dinamarca-Finlandia

Un documental de Göran Hugo Olsson
Produción: Annika Rogell, Tobias Janson, Story AB
Edición: Michael Aaglund, Dino Jonsäter, Gorän Hugo Olsson, Sophie Vukovic
Son: Micke Nyström
Música: Neo Muyanga
narrado por Lauryn Hill

Concerning violence é o novo documental de Göran Hugo Olsson, baseado en poderoso material de arquivo recentemente descuberto, que cobre os momentos máis ousados da loita pola liberación do Terceiro Mundo, acompañado dun texto do libro de Frantz Fanon Os condenados da terra, narrado por Lauryn Hill.

Este texto, escrito hai máis de 50 anos, é aínda unha poderosa ferramenta para comprender o neocolonialismo hoxe en día.

Contacto: Films Boutique

L’ABRI

Fernand Melgar | 101' | 2014 | Suiza

Imaxe, Dirección: Fernand Melgar
Son: Elise Shubs
Produción: Fernand Melgar, Elise Shubs
Edición: Karine Sudan

Un inverno no corazón dun refuxio de emerxencia para xente sen fogar en Lausanne, Suíza. Ás portas deste búnker agochado ten lugar cada noite o mesmo ritual dramático que leva a enfrontamentos ás veces violentos. Os vixiantes teñen a difícil tarefa de “clasificar os pobres”; mulleres e nenos primeiro, despois, se queda lugar, os homes. A pesar de que o refuxio pode acoller a 100 persoas, só a 50 “elixidos” se lles permitirá pasar e se lles dará unha comida quente e unha cama. O resto sabe que a noite vai ser longa.

Contacto: CLIMAGE

LIAHONA

Talena Sanders | 68' | 2013 | EUA

Imaxe, Son, Edición, Dirección: Talena Sanders
Produción: Talena Sanders, Kate Schlauch

Liahona é un documental experimental que examina a cultura, a historia e a experiencia vivida da Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días, comunmente coñecida como a fe mormoa. Liahona analiza como o misticismo se converte en algo mundano, o equilibrio e a tensión da experiencia da vida mormoa entre o ilóxico e o ordinario, a cara pública do mormonismo e a súa falta de accesibilidade. Que fai aos mormóns tan caracteristicamente diferentes? Rodado en 16mm, Liahona atravesa Utah, Illinois e Missouri para compor a historia desta fe.

Contacto: Talena Sanders

MOTU MAEVA

Maureen Fazendeiro | 42' | 2014 | Francia-Portugal

Guión, realizadora, imaxe: Maureen Fazendeiro
Edición: Catherine Libert
Son: François Abdelnour

Un retrato de Sonjia, aventureira do século XX, que vive nunha illa construída por ela propia: Motu Maeva.

Contacto: GREC

Songs from the North

Soon-Mi Yoo | 72' | 2014 | EUA-Corea del Sur

Guión, Dirección, Imaxe, Edición: Soon-Mi Yoo
Produción: Soon-Mi Yoo, Haden Guest
Coprodución: Rui Alexandre Santos (Rosa Filmes)
Son: Nuno Henrique

Songs from the north é unha película-ensaio que busca unha perspectiva distinta sobre o enigma de Corea do Norte, un país cuxa representación ou está tomada pola propaganda nacionalista ou pola ridiculización esaxerada. Cruzando imaxes das súas tres visitas a Corea do Norte con cancións, espectáculos, cinema popular e imaxes de arquivo, Songs from the north intenta comprender, usando as súas mesmas expresións, a psicoloxía e imaxinario popular dos norcoreanos e a súa ideoloxía política de amor absoluto que segue conducindo o país cara un futuro incerto. Unha ollada próxima e obxectiva sobre Corea do Norte, esa nación que desafía as nosas nocións fundamentais sobre a condición humana e nos leva á reflexión sobre o real sentido de liberdade, amor e patriotismo.

Contacto: ROSA FILMES

The Iron Ministry

J.P. Sniadecki | 83' | 2014 | CHINA-EUA

Imaxe, Son, Montaxe: J.P. Sniadecki
Coprodución: Joshua Neves and J.P. Sniadecki
Deseña de son e mestura: Ernst Karel
Tradución: J.P. Sniadecki, Xu Man, Mo Yunxuan, Li Jie, Zhu Rikun

Filmada ao longo de tres anos en ferrocarrís chineses, The Iron Ministry traza os vastos interiores dun país en movemento: carne e metal, ruídos e berros, luz e escuridade, lingua e xesto. Partituras de viaxes en ferrocarril mestúranse, capturando as emocións e preocupacións da transformación social e tecnolóxica. The Iron Ministry mergulla o público en relacións fugaces e encontros incómodos entre humanos e máquinas na que será en breve a liña de ferrocarril máis longa do mundo.

Contacto: http://www.theironministry.com