Contacto

Especial Manuel Mozos

Dúas películas para celebrar a Revolución dos Cravos, as dúas de Manuel Mozos. Referencia para moitos dos cineastas lusos das xeracións máis novas, durante anos traballou na Cinemateca Portuguesa, e de aí parten estas dúas propostas. A homenaxe é dobre, á súa figura e á do seu amigo João Bénard da Costa, director da filmoteca en tempos da democracia. Pero na época de Salazar, o traballo dos censores era o de agochar, non o de mostrar. Imaxes prohibidas que Mozos rescata na curta que aquí presentamos. Os dous filmes son un canto á liberdade, unha carta de amor ao cinema e as súas posibilidades como arma contra os espíritos malignos.

João Bénard da Costa – Outros Amarão as Coisas que Eu Amei

Manuel Mozos | 75' | 2014 | Portugal

Director: Manuel Mozos
Axudante de dirección e montaxe: Luis Nunes
Produtor: Rui Alexandre Santos (Rosa Filmes)
Fotografía: Inês Duarte
Narrador: João Pedro Bénard

Este filme é unha homenaxe ao cinema a través da extraordinaria vida de João Bénard dá Costa, director da Cinemateca Portuguesa durante 18 anos pero tamén actor, cinéfilo, inspirado escritor e lector creativo. Esta é unha inusual biografía na que a historia dun home é contada mediante as cousas que el máis amou, temeu e admirou. Desde a pintura barroca á literatura de Borges. Outros amarán as cousas que eu amei é o fascinante diario dun home universal.

Contacto: www.rosafilmes.pt

Cinema – Alguns Cortes: Censura III

Manuel Mozos | 46' | 2014 | Portugal

Inclúe moitos dos cortes que a censura aplicou a unha cincuentena de películas, producidas entre 1944 e 1972, cando foron estreadas comercialmente en Portugal, durante a ditadura de Salazar. O terceiro capítulo desta serie céntrase no deliberado empeño do ditador en suprimir todo tipo de escenas que contivesen presenza feminina.