Contacto

Especial Albert Maysles

Tivemos a inmensa sorte de coñecer o lendario cineasta Albert Maysles en 2013 co motivo da retrospectiva que lle dedicamos a el e o seu irmán David en Play-Doc aquel ano. Pioneiros do cinema directo, os irmáns Maysles foron responsables dalgúns dos mellores documentais de toda a historia do cinema. Logo da morte do seu irmán David, Albert continuou facendo películas e inspirando a xeracións de cineastas ata a fin dos seus días. Este ano temos a honra de presentar a estrea en España de Iris, un dos seus últimos traballos. O seu recente falecemento deixounos a todos orfos. O seu legado permanecerá para sempre.

IRIS

Albert Maysles | 78' | 2014 | EUA

Dirección e Cámara: Albert Maysles
Produción: Laura Coxson, Rebekah Maysles, Jennifer Ash Rudick
Cámaras: Nelson Walker III, Sean Price Williams
Montaxe: Paul Lovelace
Son: Mike Karas
Música: Steve Gunn, Justin Tripp

Iris une o lendario documentarista Albert Maysles con Iris Apfel, a aguda e extravagante estilista de 93 anos, que durante décadas tivo unha enorme presenza na escena da moda neoyorkina. Máis que sobre a moda, esta película fala sobre a creatividade e de como a excesiva liberdade de espírito de Iris continúa a ser unha fonte de inspiración, a pesar da súa avanzada idade. Iris retrata a unha muller singular cuxo entusiasmo pola moda, a arte e as persoas son un sustento vital e lémbranos que vestir, do mesmo xeito que vivir, non é máis que un experimento.