Menu

Xurado

Antonio Weinrichter

ANTONIO WEINRICHTER é escritor e programador cinematográfico. Profesor na Universidad Carlos III, na ECAM e no Middlebury College; as súas áreas de especialización son o cinema documental e non narrativo. Ten unha dilatada experiencia como crítico, tanto en prensa xeralista (ABC) coma en medios especializados da talla de Caimán Cuadernos de Cine, Fotogramas ou Dirigido por. Weinrichter é ademais comisario independente para diversas mostras de cinema e filmotecas. Exhibiu filmes nas Palmas (festival do que foi coordinador de programación entre 2006 e 2012), o CGAI, o Museo Reina Sofía ou o festival Punto de Vista en Pamplona. É autor de numerosos libros: D-generación. Experiencias subterráneas de la no ficción española (2008, con Josetxo Cerdán) .DOC. El documentalismo en el siglo XXI (2010), Metraje encontrado. La apropiación en el cine documental y experimental (2009), La risa oblicua: documental y humor (2009) ou Cine directo. Reflexiones en torno a un concepto (2008).

Fernando Vílchez Rodríguez

FERNANDO VÍLCHEZ RODRÍGUEZ. Estudou Filosofía en Lima e Cinema en Madrid. Os seus traballos son resultado de indagacións acerca da sociedade peruana, principalmente a través de material de arquivo, e foron seleccionados en Londres, la Habana, Karlovy Vary, Buenos Aires, Tokio ou Montreal. Dende o ano pasado, é xefe de programación de Lima Independiente Festival Internacional de Cine. O seu último documental, Solo te puedo mostrar el color, tivo a súa estrea mundial na Selección Oficial de Curtametraxes na Berlinale 2014.

Jara Yáñez

JARA YÁÑEZ é licenciada en Historia da Arte pola Universidad Autónoma de Madrid. Redactora da revista Caimán Cuardenos de Cine, e colaboradora habitual de Fotogramas e noutros medios, ten escrito e coordinado varios libros sobre o cinema español, como La aritmética de la creación. Entrevistas con productores del cine español contemporáneo (2009) ou La medida de los tiempos. El cortometraje español en la década de 2000 (2010).