Kumar Sublevao Beat Band
SÁBADO 16 DE MARZO 00:30h. SALA METROPOL. ENTRADA 6€.


Mc e produtor de música urbana afrocubana, Kumar comezou a súa carreira musical na Habana, Cuba, dentro do movemento de Hip Hop dos anos 90. Sublevao Beat é o resultado da profunda influencia que o Afrolatinjazz, o Reggae, o Funk e en especial a música tradicional afrocubana teñen na súa proposta musical, logrando unha sonoridade persoal que combina percusión afrocubana con samplers, sintetizadores e instrumentos acústicos que se funden nun verso poético, profundo e comprometido.
O seu primeiro álbum Película de Barrio tivo unha gran acollida pola crítica internacional e con el percorreu escenarios de todo o mundo, Montreaux Jazz Festival (Suíza), Elysee Montmartre (Paris), Worldwide Festival Awards, Cargo (Londres), Dunya Festival (Róterdan), por só citar algúns dos máis importantes.
Na actualidade prepara o seu novo album Patakin e un EP Sub-Elevation. Ao mesmo tempo que traballa no proxecto Afrikun en colaboración con Machete Horns, no que profunda na investigación da música afro e a presenza da percusión convértese nun elemento fundamental e distintivo na súa música.
Kumar realizou múltiples colaboracións con artistas internacionais da talla de Omar Sosa, Gilles Peterson, Ojos de brujo, Jimi Tenor, Perico Sambeat, Terrakota ou Indee Styla, entre moitos outros.