Salesman | Os Irmáns Maysles

Salesman

VOLVER
PLAY TRAILER
91’ / 1968 Director: Albert Maysles, David Maysles e Charlotte Zwerin
Considerada hoxe en día coma un clásico do cinema directo, Salesman segue a catro vendedores de Biblias a domicilio entre a verborrea e a desesperación. Charlando, presionando, encandilando, contando chistes e historias e adulando, os vendedores repiten o seu discurso a unha ampla variedade de clientes, na súa meirande parte católicos de clase media e baixa. Un retrato sorprendente do soño americano.