ROSS MCELWEE

TIME INDEFINITE
volver
PLAY TRAILER

A morte dun pai e dunha avoa, unha voda e o nacemento dun fillo. Como observa McElwee, todo empeza e todo acaba na familia. E na vida dunha familia, ao igual que en todo o demais, os momentos aparentemente intranscendentes resultan ser os máis importantes, coma o momento no que o pai de McElwee decide coller a cámara do seu fillo ou os momentos nos que McElwee decide apagala. Chea de humor negro e de profundo pathos, Time Indefinite captura dun xeito maxistral a inmensa complexidade das emocións humanas.


English Galego