ROSS MCELWEE

SHERMAN'S MARCH
volver
PLAY TRAILER

«Deberías usar a cámara para coñecer mulleres...» O que comeza como un intento de volver sobre os pasos das tropas do exército da Unión baixo as ordes do xeneral Sherman, na súa devastadora marcha polos estados secesionistas do Sur, convértese, en palabras da irmá de McElwee, nunha desconcertante e torpe busca cabaleiresca do amor. Gañadora do gran premio do xurado en Sundance, Sherman's March mostra o paradoxo do realizador de documentais inquisitivo: «Como está escarmentado da vida e a súa amante o deixou, usa a súa cámara a modo de escudo, asomando a cabeza de cando en vez».


English Galego