ROSS MCELWEE

BRIGHT LEAVES
volver
PLAY TRAILER

Este brillante e divertidísimo documental, a medio camiño entre a indagación ética, o filme de misterio e o vídeo doméstico, explora o cruel xiro do destino que fixo a uns amasar fortunas co tabaco e a outros morrer pola súa causa. McElwee regresa á súa Carolina do Norte natal, estado produtor de tabaco, para indagar na lenda familiar segundo a cal o seu bisavó, que inventou a fórmula do tabaco Bull Durham, teríase feito enormemente rico se «Buck» Duke non lla tivese roubado; unha historia na que probablemente Michael Curtiz se baseou para facer Bright Leaf, un melodrama protagonizado por Gary Cooper en 1950.

>
English Galego