Sábado 2 / 00:30 h / Sala Metropol Tui
10 €
Tras o nome AAries escóndense as marabillosas voces das irmás Ayana e Ayinké Hipps, un dos “segredos mellor gardados” da nova xeración de cantantes femininas do soul e o R’n’B en Estados Unidos.

Ayana e Ayinké xa demostraron sendo moi novas un talento especial para a música cultivado entre o gospel das igrexas Baptistas de Virginia e a influencia de grandes clásicos como Lionel Ritchie, Nancy Wilson ou Sade.

O seu éxito non se fixo esperar e foi a partir da súa sensacional aparición na escena musical de Filadelfia da man Musiq SoulChild con quen Ayana gravou a dueto o hit “Girlnextdoor”. A partir de entón as súas aparicións en multitude de escenarios foron frecuentes, ben a soas ou colaborando con artistas da talla de The Roots, Jill Scott ou Jaguar Wright entre outros.

A partir de 2011, Ayana e Ayinké, coñecidas como AAries sen dúbida deixarán de ser os “segredos mellor gardados” (“Best Kept Secrets” título do seu próximo sinxelo) para estar en boca de todos. Proba diso é a magnífica acollida que tivo a súa versión do clásico de Quincy Jones-Michael Jackson “Don’t Give It Up”.

AAries, comparten á súa vez protagonismo con Erykah Badu, Estelle, Mc Lyte, Jean Grea e moitas outras artistas no documental “Say My Name”, unha historia de mulleres quen de transformar a adversidade en arte e que será proxectado en Play-Doc 2011.
MYSPACE
YOUTUBE