O xurado outorgou os seguintes premios:

Premio á Mellor Longametraxe Documental Play-Doc 2010:

5.000€ + Trofeo

Sweetgrass, de Lucien Castaing-Taylor e Ilisa Barbash, por "como a través do documental reconecta coa esencia antropolóxica do western“.

ex aequo na mesma Sección Oficial de Longametraxes con Sanya i Vorobey (Sanya e Pardal), de Andrey Gryazev, por " a forza e a inmediatez que transmite a través da súa depurada observación dos protagonistas, inmersos nunha situación desesperada pero non exenta de saída”.

Premio á Mellor Curtametraxe Documental Play-Doc 2010:

2.000€ + Trofeo

The Darkness of Day (La oscuridad del día), de Jay Rosenblatt, por "o seu uso da metraxe atopada que transcende a mera compilación para compor unha elexía en torno ao suicidio”.


Premio ao Mellor  Documental Galego Play-Doc 2010:

2.000€ + Trofeo

Tanyaradzwa, de Alberte Pagán, por “o seu cuestionamiento dos formatos e a contribución ao trazado de novas miradas a outras realidades”.

Xornalista especializada en cinema e audiovisuais, Eulàlia e profesora na Universitat Rovira i Virgili (Tarragona) e  na Casa do Cinema (Barcelona). Membro do consello de redacción de Cahiers du cinéma - España, colabora ademais nas publicacións Rockdelux, Cine 365, Blogs & Docs y en el diario Público, entre outras.
Participou nos libros La contraola. Novísimo cine francés (Festival Internacional de Cine de San Sebastián, 2009), Robert Rossen: su obra y su tiempo (Nosferatu, 2009), Una parte del cielo. Mujeres directoras (Festival Internacional de Cine de Gijón, 2008), Lucrecia Martel (Festival Internacional de Cine de Gijón , 2008), Terence Davies: los sonidos de la memoria (Festival de Cine de San Sebastián 2008), ¡Rock, Acción! Ensayos sobre cine y música popular (Avant Press, 2008) ou Las miradas de la noche. Cine y Vampirismo (Ocho y medio, 2005), entre outros.

Licenciado en Artes Plásticas e Pintura pola Escola Superior de Belas Artes de Porto, Dario Silva é Professor de Teoría do Cinema na Facultade de Xornalismo e Comunicación da Universidade de Porto. Fundador, co-direcctor do Festival Internacional de Curtas de Vila do Conde, participou como xurado e programador nun gran número de festivais, mostras e ciclos de cinema en todo o mundo. É Responsable do Departamento Internacional de Adquisicións de Atalanta Filmes e membro do Consello de Administración de Antena Nacional Portuguesa na coordinación europea de festivais de cinema. Tamén é Fundador e Membro da Dirección da Axencia da Curtametraxe en Portugal, creada en 1999 e á súa vez foi comisario para diferentes galerías de arte e centros multimedia en Portugal.

Historiador e escritor cinematográfico galego. Programador do CGAI,  membro do consello de redacción de Revista do Audiovisual Galego (AG) e da Asociación Española de Historiadores del Cine (AEHC), escribe e colabora no Xornal de Galicia, Tempos Novos (suplemento “Protexta”) e publicacións especializadas como Blogs&Docs, Cahiers du Cinéma (España) ou Secuencias. Licenciado en Filoloxía Hispánica, Master en Estudos Teatrais e Audiovisuais (UDC), especializado en cine documental e Historia do cine español. Tamén traballa como docente e colabora como produtor e coguionista de diversos proxectos documentais.