VOLVER
 
Sábado 20 / 00:30h / sala Metropol
10€ (8€ con abono)

A medio camiño entre Pavement, a habilidade pop de Ric Ocasek (The Cars, Weezer, Nada Surf) e o colorismo saltarín do mellor power-pop, o grupo contaba xa con varios lanzamentos autoeditados antes daquel debut en toda regra, Nice and Nicely Done (2005) que os consagrou como unha das máis refrescantes novas sensacións pop. Co gozoso dó entre theremin e mandolina de ‘Oh, Mandy’ parecía que xa quedaba todo dito. Pero non foi así, ao pouco tempo regresaron cunha luminosa nova entrega, igual de leda e aditiva. Da man do produtor Dave Trumfio (Wilco, Built To Spill, Billy Bragg) e do enxeñeiro Tchad Blake (Tom Waits, Los Lobos, Paul Simon), en Moonwink (2008) todas as cancións brillaban por si soas, asaltadas por melodías deliciosas, minidramas cinéticos e extravagantes xiros de pop airado. Pura e cegadora destreza indie pop. Agora, The Spinto Band regresan aos escenarios de todo o mundo co seu novo EP baixo o brazo titulado Slim and Slender.
The Spinto Band inauguraron os Take Away Shows da famosa blog musical francesa La Blogotheque á que Play-Doc lle dedica unha sesión especial nesta edición.

 
WWW.SPINTOBAND.COM
MYSPACE
YOUTUBE